Comeza a campaña de trampeo contra a vespa velutina na vila vedresa

Velutina
Alba Prada
Ao avistar un niño hai que chamar ao 112. Foto: velutinas.es

VEDRA. O Concello de Vedra pon en marcha a campaña ‘Unha camelia... unha trampa’. A través das redes sociais informan á veciñanza de que a “captura de raíñas debe efectuarse de febreiro a maio incluído, durante a fase de construción e actividade do niño primario”, sinalan. Propoñen os camelios como o mellor lugar no que colocar as trampas e instrúen sobre a elaboración das mesmas con auga, azucre e fermento de panadaría; ou ben con cervexa negra, zume de arándanos, vermú de viño branco, deterxente e vinagre. Ante o avistamento dun niño de velutinas informan aos veciños e veciñas de que deben avisar ao 112 e manterse o máis afastado posible posto que non pode retirarse sen equipos de protección. Os niños son redondos e de tamaño maior co dunha vespa autóctona, xa que miden entre 80 centímetros e 1 metro. A.P.