SE EU FOSE ALCALDESA ...

... “Controlaría máis á xente nova e os botellóns”

Rebeca Domínguez, esteticista
Rebeca Domínguez
Se eu fose alcaldesa
Alba Prada

Residente en O Milladoiro, casada e cun fillo, que tres cousas faría en favor da veciñanza?

Faría máis zonas verdes para os cativos porque hai moitos nenos no Milladoiro. Tamén arranxaría as baldosas das beirarrúas, que están moi levantadas. Por outro lado, controlaría máis á xente nova, posto que están facendo moitos botellóns e esas actitudes repercuten logo nos pequenos que as ven. Por último, viría ben ampliar ou facer outra piscina porque, aínda que agora coa COVID xa está todo organizado, antes había veces que tiñas que agardar bastante para poder entrar.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

Que temos de todo. É como unha cidade pequena. Temos farmacias, ambulatorios, bancos, supermercados... Iso si, farían falta máis axudas para o comercio, para que houbese máis variedade e así a xente investise aquí. Con todo podes facer vida normal, e vas de vez en cando a Santiago para mercar roupa ou por outros servizos que aquí non encontras.

E o que peor leva?

Poderíanse mellorar certos aspectos, pero eu aquí estou bastante ben. No centro de Santiago é todo máis caro, sobre todo a vivenda. Aquí cando empezamos foinos máis asequible. É por iso que non podo dicir nada negativo. Vívese ben aquí.