SE EU FOSE ALCALDE ...

“Daría solución ás terrazas”

José Manuel Blanco, encargado do Café-Bar Primera Estación
José Manuel Blanco
Se eu fose alcalde
Alba Prada

Veciño do Milladoiro, casado e con fillos, que tres cousas faría en favor da veciñanza?

O primeiro sería resolver o problema das terrazas dos bares. O segundo, mellorar os xardíns que fixeron, que son moi malos. Despois o feito de que haxa máis ou menos limpeza podería ser outro punto, pero en xeral eu estou contento aquí... En todos os lados se cocen fabas.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

Os servizos están bastante ben. O transporte está ben comunicado, cada cuarto de hora hai buses, aínda que as fins de semana hai menos. Respecto aos comercios hai de todo, pero si é certo que as grandes áreas prexudican ao comercio local. Non podemos competir contra iso e polo tanto os pequenos negocios están un pouco abandonados. Santiago está moi cerca e é unha competencia forte.

E o que peor leva?

O problema das terrazas dos bares, que é o que máis nos afecta a nós. Pero o Concello está mirándoo, entonces o asunto non se pode dicir que estea abandonado.