Desequilibrio, Terbutalina e Bala puidéronlle ao frío

Festival Musical
Marcos Manteiga
Un intre do último Millarock, celebrado a pasada fin de semana na urbe amesá. Foto: CDA

AMES. A festa do rock do Milladoiro, o Millarock, acadou un novo éxito tras esgotar en horas os convites o pasado sábado para un cartaz de excepción. Así, e a pesar de coincidir nunha xornada fría para o mes de xullo e marcada polas restricións de aforo, houbo unha gran afluencia.

Nesta urbe actuou o grupo compostelán Desequilibrio Mental, formado no ano 2002 co afán de acercar o rock e o metal ao público mediante a lingua galega. Desequilibrio Mental ten ás súas costas un gran número de concertos e de festivais.

Terbutalina mergúllase no garage punk dende o ano 2010. O quinteto destaca polas súas letras cheas de humor, retranca, irreverencia e textos politicamente incorrectos. Os de Muros converteron o seu directo nunha auténtica festa.

Por último, o dúo feminino Bala presentou o seu novo album, Maleza. Bala formado por Ánxela Baltar e Violeta Mosquera en 2014, converteuse na nova sensación do punk galego. M.M.