Festexan o Día do Medio na Aula da Natureza o sábado

Medio Ambiente
Marcos Manteiga
Actividades nunha anterior festa da natureza celebrada polo Concello de Ames. Foto: cda

ames. A Aula da Natureza do Concello de Ames vén de organizar unha xornada para celebrar o Día Internacional do Medio Ambiente. Será este sábado día 5, e as actividades comezarán ás 10.00 cunha ruta polo Val do Pasos. Para inscribirse débese enviar un email a auladanatureza@concellodeames.gal. Durante todo o sábado haberá unha actividade de piragüismo (de 11.00 a 13.00 h.), xogos tradicionais (15.00 h.) e unha gran xincana. Ademais, levaranse a cabo un encontro intercultural entre a veciñanza de Ames (entre as 14.00 e as 16.00 h.) e unha solta de alevís de troitas no río Tambre (ás 17.30 horas) como acto conmemorativo. Durante toda a xornada estarán abertas as mostras de maquinaria e plantas forestais. A xornada rematará ás 18.00 horas cunha actuación musical. Para recibir máis información pódese enviar un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal ou chamar ó 660 004 665. m.m.