Formación universitaria para maiores de 50 anos

Educación
Alba Prada
O primeiro seminario será o día 23. Foto: Pexels

BOQUEIXÓN. O programa da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Camiños de coñecemento e experiencia. Proxecto de democratización do coñecemento chegará ao concello de Boqueixón entre os días 23 e 30 de abril. Trátase dunha iniciativa que ofrece formación universitaria aos maiores de 50 anos. En cada unha das xornadas impartirase un seminario, da man de investigadores e profesores da USC, na casa consistorial boqueixanesa, entre as 16.30 e as 18.00 horas. A veciñanza interesada deberá formalizar o rexistro da súa solicitude, ben de xeito presencial (con cita previa) ou a través da sede electrónica do Concello. Para obter máis información pódese contactar co departamento de Educación e Cultura (cultura@boqueixon.com ou no teléfono 981 513 115). O primeiro seminario, o vindeiro día 23, leva por título Marcial del Adalid y Gurrea (1826-1881). Un capítulo único da nosa Historia de Galicia e da nosa Historia da Música Clásica Galega. A.P.