Homenaxe para despedir ao primeiro policía local de Ames que estivo 38 anos no corpo

Homenaxe
C.G.
José Antonio Rodríguez nun momento da homenaxe. Foto: C. Ames

Ames. Varios compañeiros e compañeiras do Concello de Ames realizaron unha comida que serviu como acto de homenaxe a José Antonio Rodríguez, que ata hai pouco foi o inspector da Policía Local de Ames. José Antonio foi o primeiro policía local do municipio e traballou durante 38 anos no corpo de seguridade amesán. En dito acto participaron tres dos cinco alcaldes que exerceron como rexedores municipais durante os seus 38 anos de servizo: José Astray, Santiago Amor e Blas García.

A Policía Local de Ames comezou a funcionar no ano 1985 cun só garda. Naquel momento o concello tiña arredor de 10.000 habitantes pero foi medrando e paralelamente a el aumentaron os efectivos policiais. Na actualidade son 25 os axentes de seguridade que forman o corpo amesán. O actual alcalde da vila, Blas García, destacou que “despois de 38 anos de servizo na Policía Local de Ames xubilouse José Antonio. El foi o primeiro municipal que tivo o Concello de Ames e foi o xefe desde sempre, cos cinco alcaldes que pasaron polo Concello de Ames durante a súa etapa laboral”, expresou durante a homenaxe. C.G.