Informe do Consello da Cultura Galega contra a liña de alta tensión de Rois

Patrimonio
ARCA
Igrexa da Santa Mª de Ribasar, Rois

rois. O Consello da Cultura Galega publicou un informe contra a instalación dunha liña de alta tensión sobre o Castro Lupario e o Camiño portugués. O informe describe de xeito contundente e exhaustivo como se vería afectado o patrimonio arqueolóxico, os bens patrimoniais, a paisaxe cultural e o territorio histórico do Camiño portugués se Rede Eléctrica Española (REE) continuase desenvolvendo o seu proxecto. O informe sobre o impacto da liña eléctrica de alta tensión Lousame-Tibo sobre os valores patrimoniais no ámbito xeográfico afectado polo seu trazado en Santa María de Ribasar, Rois, reflicte tamén que quedaría afectado o Castro Lupario, elemento fundamental da lenda xacobea e prexudicaría a localizacións de alto nivel cultural como a aldea de Angueira de Castro e o Pazo do Faramello. arca