Invitan aos boqueixoneses a que doen sangue durante os vindeiros días 11 e 12

Doazón
Alba Prada
Unidade móbil de ADOS nunha visita a Bertamiráns, Ames. Foto: C.A.

BOQUEIXÓN. O Concello de Boqueixón informa que os vindeiros luns 11 e martes 12 a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará no municipio. Máis concretamente, o autobús parará o luns en Lestedo en horario de 15.30 a 21.00 horas. O martes trasladarase a O Forte, en horario de 09.30 a 14.30 horas, e a Camporrapado, pola tarde, entre as 16.00 e as 21.00 horas. Dende o goberno local lembran a importancia de que a veciñanza colabore. “Trátase dun acto moi sinxelo que permite a moitas persoas solucionar problemas de saúde e, incluso, salvar vidas”, sinalan fontes municipais. Pode doar sangue “calquera persoa con máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue”, recorda o Concello. A.P.