Leroño e Herbogo, sen luz durante oito horas

Electricidade
Alba Prada
O alcalde de Rois, Ramón Tojo. Foto: C. Rois

ROIS. Este domingo produciuse no municipio de Rois, ás 08.00 horas, un fallo no subministración de electricidade que afectou a uns 3000 usuarios. Segundo sinalaron fontes municipais, o problema quedou solucionado para 2.700 veciños nun prazo de tres a nove minutos, pero non corrían a mesma sorte os habitantes das parroquias de Leroño e Herbogo. En ambos casos a luz non se repuxo ata ás 16.00, quedando así oito horas sen ela. Ao parecer o fallo localizouse nunha ponte que une unha cruceta con outros, que é un cable pequeno duns 50 cm. de lonxitude. A empresa comunicoulle ao Concello que para descubrir este tipo de fallos hai acudir aos centros de transformación e ir comprobando un por un. O alcalde, Ramón Tojo, non se conforma con esta resposta e di que “esta demora nas solucións vén provocada pola falta de inversións para a detección deste tipo de problemas” e aproveita para transmitir a incomodidade dos veciños neste senso. A.P.