Maioría de idade para un certame literario que premia desde os tres anos

Ábrese prazo ata o día 8 para que os aspirantes envíen os seus textos, inéditos e en galego
Certame literario
Marcos Manteiga
Algúns dos rapaces premiados nunha anterior edición do Certame Literario Concello de Ames. Foto: CDA

A Maía. Ames convoca o seu XVIII Certame Literario, que sigue aberto á admisión de traballos ata o vindeiro 8 de abril. Pode concorrer a esta convocatoria calquera persoa que presente textos inéditos en lingua galega, e a temática é libre. En cada modalidade do certame, narrativa e poesía, establécense, dependendo da idade, tres categorías, e en cada unha delas, outros tantos premios ate alcanzar os 3.800 euros.

As persoas que desexen participar deberán enviar catro exemplares do texto, en folios mecanografados a dobre espazo e tamaño de letra 12. Na modalidade de narrativa, a extensión mínima será de 2 páxinas e a máxima será de 6. Na modalidade de poesía, a extensión vai dos 20 versos ata un máximo de 50.

Só se poderá presentar un traballo por persoa en cada unha das modalidades. O enderezo ao que teñen que remitilos é o do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames, na avenida de Azcárraga nº 5, Bertamiráns, 15220 Ames,

Os textos presentaranse baixo pseudónimo, e as categorías son a de maiores de 3 anos na primeira categoría, mentres que a segunda está dirixida á rapazada de entre 14 a 17 anos e a terceira é para todas as persoas maiores de idade. m. manteiga