Melloras nas beirarrúas bañesas no marco do obradoiro de emprego

Obradoiro de emprego
Alba Prada
Traballos de mellora nas beirarrúas de A Baña. Foto: C. A Baña

A BAÑA. O alumnado do obradoiro dual de Emprego Máis 2020 atópase estos días limpando e adecentando as beirarrúas do municipio da Baña. Os traballos están a ser postos en marcha en concreto polos integrantes do módulo de limpeza en espazos abertos e instalacións industriais. Hai que lembrar que este obradoiro inaugurouse o pasado 8 de xaneiro entre os alcaldes da Baña, Negreira, Santa Comba e Val do Dubra. Está a formar a 20 persoas desempregadas dos catro concellos en pintura decorativa en construción (8 persoas) e en limpeza en espazos abertos e instalacións industriais (12), cunha achega de 346.946 euros da Consellería de Emprego e Igualdade. No caso da Baña, o alumnado está a pintar o interior do centro social e da terceira idade e tamén a casa de cultura, ademais de limpar beirarrúas, marquesiñas e contedores. A.P.