Mostra fotográfica ‘Paso a Paso’ ata o 31 na capital

Fotografía
M.M.
Algúns dos asistentes á inauguración da mostra fotográfica ‘Paso a Paso’ en Ames. Foto: CA

A Maía. A sala de exposicións do Pazo da Peregrina acolle ata o 31 de outubro a mostra fotográfica Paso a Paso. Trátase dun ronsel de fotografías realizadas por Ánxela Taboada Lamela, Adonis Ríos, Maite Miñanbres, Ana Rozas Vázquez, María Pino, Ramiro González González, Esmeralda L. Castro e Josina Gancedo Cons. Todos son alumnos de Fuco Reyes, director da Escola de fotografía Eco Escola de Arte, e a mostra xira arredor de tres temáticas: documental, poética e humanista. Así, os autores rematan en Ames un proxecto itinerante que levou esta exposición por cinco concellos: Valga, Illa de Arousa, Vedra, Ribeira e Ames. No acto de inauguración desenvolvido o pasado día 5 interviron a concelleira de Cultura da capital maiá, Natividade González, e Josina Gancedo Cons, en representación dos fotógrafos. Dende o Concello lembran que abren o uso das instalacións ás persoas que desexen presentar obras, espectáculos ou mostras. M.M.