Multas por un botellón no camposanto de Ribadulla

botellón
Marcos Manteiga
Entorno de San Mamede de Ribadulla onde celebraron o botellón. Foto: GM

Vedra. O Concello de Vedra mostra a súa preocupación polas reunións de madrugada que incumpren as normativas sanitarias. Lembran que este tipo de actuacións poñen en risco a toda a poboación.

Hai unhas semanas a garda Civil tivo que actuar de madrugada no cemiterio de San Mamede de Ribadulla ao recibir unha chamada da Central Operativa de Servizos. Ao chegar, pasadas as 04.30 horas, atopáronse con máis de 30 persoas reunidas na explanada, algunhas das cales botaron a correr. A Garda Civil identificou a máis de 10 persoas, ás que o Concello de Vedra está tramitando as respectivas multas por exceder o aforo de reunión. Segundo semella, dirixíronse alí tras pechar un local de ocio nocturno de Ponte Ulla. M. M.