Nace en Boiro o festival Turbina, con obradoiros e música para os mozos

Festival
Víctor Furelos

BOIRO. Como resultado da posta en marcha do proxecto Turbina, promovido polo Concello de Boiro para involucrar á xente moza na organización e programación de actividades pensadas para a mocidade, xurdiu a organización do festival Turbina, que mestura obradoiros, actividades e concertos e que terá lugar o vindeiro martes día dez de agosto no parque da Cachada. Ás 12.30 horas haberá unha xincana e batalla holi na pista central da mesma e ós arredores ca música de Las hijas de ZP. Pola tarde, nas pistas de A Boqueira de A Negral haberá obradoiros de skate, danza urbana e Tie Dye. Os concertos, que está previsto que se celebren na pista central da Cachada, comezarán ás once da mañá con The Cuncas e seguirán ás 16.00 con DJ Álvaro M; ás 17.30 con A Costa Nosa; de 19.45 a 20.30 con actuacións a micro aberto; ás 20.45 con Astray e ás 22.30 con Copa Turbo. S. S.