Negreira réndelle tributo aos represaliados este venres

Despois de que A Baña fixese o propio, a comarca da Barcala pecha o círculo cunha placa, manifesto e música este venres
Memoria Histórica
Marcos Manteiga
Un momento da homenaxe na Baña o pasado ano aos represaliados polo franquismo. Foto: CG

A asociación cultural barcalesa Afonso Eanes do Cotón anuncia que o vindeiro venres, 4 de xuño, terá lugar o acto en homenaxe ás vítimas da represión franquista en Negreira, despois que se fixese o propio na Baña (o outro municipio da comarca) hai un ano. Celebrarase ás 20.00 horas na praciña de detrás da casa do oncello, ao aire libre e seguindo as medidas COVID oportunas.

“Levabamos anos procurando o amparo institucional para esta iniciativa, que saíu finalmente adiante co apoio unánime da Corporación municipal”, apuntan dende a directiva da cultural, que organiza o acto xunto coa administración local. Ademais de inaugurarse unha placa, e dunhas palabras e manifesto para lembrar os desafortunados sucesos, está prevista unha actuación musical, segundo anunciaron no pleno. Manuel Faxín, Xoán Barros, Benxamín Troitiño, Xesús Lens y Ramón Pose son os veciños represaliados por non comulgar co réxime golpista do 36, e que representarán ao resto de barcaleses que quixeron someter.