Nova edición do certame Paisaxes de Boqueixón

Fotografía
Claudina Estévez
‘O rei da Ponte’, a foto gañadora en 2021. Foto: A. Fernández

BOQUEIXÓN. O Concello de Boqueixón convoca a oitava edición do concurso de fotografía Paisaxes de Boqueixón, que ten como obxectivo fomentar a creatividade e a promoción e posta en valor da riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do municipio.

Cada participante poderá presentar ata un máximo de tres fotos, que deben ser tomadas no municipio. Deben presentarse en formato horizontal e cunha resolución mínima de 150 pp. Hai ata o 24 de novembro para enviar os traballos a través da web municipal. C.E.