Novos títulos dispoñibles na mellorada biblioteca pública boqueixanesa

Bibliotecas
Alba Prada
Zona de infantil da biblioteca municipal de Boqueixón. Foto: C. Boqueixón

BOQUEIXÓN. O Concello de Boqueixón convida a toda a veciñanza a pasarse pola biblioteca municipal, ubicada na planta baixa da casa consistorial, para botarlle un vistazo aos novos títulos que acaban de chegar ata as instalacións. Hai que lembrar que debido a COVID de momento o único servizo dispoñible é o de préstamo domiciliario, e unha vez se devolven as obras, estas póñense en cuarentena. Poden adqurirse libros de luns a venres en horario de 09.00 a 13.00, e os luns e mércores tamén pola tarde entre as 15.30 e as 18.00 horas. Por certo que o centro de lectura acaba de renovarse, xa que agora ofrece un espazo máis amplo e unha maior accesibilidade aos fondos bibliográficos. Estes distribúense segundo temática nas zonas de infantil, xuvenil, novela galega, novela castelán, inglés, poesía, teatro e outras especialidades. A.P.