O baile, o combat mailo ioga enchen as prazas de Bertamiráns e Milladoiro

Deporte
Pedro Brea
Xornada de body combat celebrada este mes en Bertamiráns. Foto: Concello de Ames

ames. O Departamento de Promoción da Saúde segue a fomentar hábitos de vida saudables a través do programa Saúde nas prazas. Dun xeito lúdico e divertido este anima á veciñanza amesá a coidar a saúde física e emocional. As actividades desenvólvense ás 20.30 horas. O baile foi o protagonista do programa Saúde nas prazas no mes de xullo. Este despídese cunha nova xornada que terá lugar hoxe na praza de Chavián. Tras o baile chega a quenda do combat, que encherá o martes día 3 e o 17 de agosto a Praza Horta de arriba, en Bertamiráns, e o luns 9 o entorno da casa da cultura do Milladoiro. O luns 23 colle o relevo o ioga cunha sesión no Pazo da Peregrina. O programa Saúde nas prazas clausurarase o martes 31 de agosto cunha xornada que vai combinar o baile na rúa, o combat e o ioga, fomentando así o deporte. p. brea