O Consello de Deportes saca a relucir o pavillón e a pista de patinaxe

Obras
Claudina Estévez
Imaxe da área deportiva de Bertamiráns, no municipio de Ames. Foto: C. Ames

AMES. O Consello de Deportes vén de celebrar unha nova xuntanza, que se desenvolveu no salón de plenos da Casa do Concello de Ames, en Bertamiráns, coa asistencia de clubs deportivos, comunidade educativa e os partidos políticos con representación na Corporación municipal. Na reunión tratáronse temas en relación co funcionamento das escolas deportivas municipais e compartíronse as últimas actuacións de mellora nas instalacións deportivas, así como outros proxectos de cara ao futuro. Na xuntanza tamén se trataron varias obras e investimentos, e o anuncio máis destacado foi o encargo do anteproxecto dun novo pavillón polideportivo en Bertamiráns, que se adapte ás necesidades da veciñanza. Outra das actuacións citadas foi a mellora no campo de fútbol de Ortoño, onde está prevista unha pista de patinaxe. C.E.