SE EU FOSE ALCALDESA...

... “Ofrecería máis actividades culturais”

Alba Suárez, estudante
Alba Suárez
Se eu fose alcaldesa
Alba Prada

Residente en Bertamiráns, solteira, que tres cousas faría en favor da veciñanza?

Primeiro centraríame nos parques e paseos porque si que é verdade que hai zonas que necesitan un pouco máis de limpeza e coidado. Segundo, ofrecería máis actividades socioculturais, por exemplo no 8-M ou en certas datas sinaladas. Estaría ben que houbese máis propostas para nenos e adultos. Ademais deberían abarcar a diversidade racial que hai en Ames. Creo que é algo que pode enriquecer un montón. Terceiro, centraríame no transporte porque nas paradas non están os horarios e non se sabe moi ben cando chega o próximo bus.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

A cercanía a todos os lados, porque segue sendo un sitio tranquilo pero aínda así tes acceso a todo o básico aquí. Ademais non está lonxe de Santiago.

E o que peor leva?

Quizais que non hai espazos cubertos para estar no exterior cando chove, excepto soportais. Só podes reunirte nun bar en caso de mal tempo.