Os fregueses renden homenaxe en Rois a Juan Manuel Montero

Homenaxe
ARCA
O sacerdote recollendo a placa conmemorativa. Foto: C. R.

Rois. Preto de 150 persoas secundaron en Rois a homenaxe ao párroco Juan Manuel Montero Fernández polo 50 aniversario da súa ordenación sacerdotal. O acto, celebrado o domingo, foi organizado polas freguesas e polos fregueses das parroquias roisenses que están baixo o seu coidado: Santa María de Urdilde, San Miguel da Costa, San Pedro de Herbogo e Santa María de Leroño. A celebración consistiu nunha misa cantada á Virxe das Dores, na igrexa de Urdilde, e un xantar no Pazo do Faramello. No transcurso do mesmo, a concelleira de Cultura, Victoria Quiroga, en representación do Concello de Rois, fíxolle entrega ao crego dunha escultura coa figura dun peregrino. Pola súa banda, o tenente de alcalde de Rois, Manuel dos Santos, e a presidenta da Asociación de Mulleres Rurais de Urdilde, María Teresa Martínez, en representación das catro freguesías, entregáronlle un cruceiro de prata e unha placa conmemorativa. arca