Padrón decide pospoñer as aulas da terceira idade

Mayores
El Correo Gallego
Quedan adiadas as aulas en función da evolución do covid

Padrón. A crise sanitaria que estamos a vivir obriga a aprazar, ou suspender, a maioría de eventos. O Concello de Padrón acaba de anunciar que quedan adiadas, en función da evolución da pandemia, as propostas das aulas para a terceira idade.

A concelleira desta área, Lorena Couso, explicou que “a intención é por en marcha estas actividades, pero a prioridade é a saúde, polo que ata que a situación mellore ou se establezan protocolos máis ríxidos, consideramos que o máis responsable e pospoñer o seu inicio”, explicou.

O programa das clases de ATEGAL (Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos) organízase en tres grandes áreas de participación – de saúde, cultural e ocupacional- con cursos moi variados como pilates, rutas de sendeirismo, obradoiros de memoria ou de informática. A.P.