Padrón é unha das vilas galegas que máis recicla

Reciclaxe
Alba Prada
Os datos de Ecoembes sitúan a Padrón como un municipio comprometido coa reciclaxe. Foto: Pexels

PADRÓN. O concello de Padrón é un dos que máis recicla de toda Galicia segundo datos de Ecoembes. A recollida selectiva nos colectores amarelos ascendeu durante os nove primeiros meses de 2020 a 94.240 quilogramos e a 194.960 no caso da de papel e cartón. O alcalde, Antonio Fernández Angueira, sinala que “o investimento realizado nos últimos anos arroxa agora datos positivos, que sitúan a Padrón como unha vila comprometida co medio ambiente e coa reciclaxe”, di. “Traballamos para mellorar o día a día da veciñanza”, sentencia. A.P.