Padrón outorga á actriz Rocío González Lorenzo o ‘Maruxa Villanueva’

Premio
Sol Elvira
Os membros do xurado tras dar a coñecer o fallo onte do Premio Maruxa Villanueva. Foto: C. P.

PADRÓN. O Concello de Padrón outorgou á actriz Rocío González Lorenzo o XIX premio de interpretación teatral Maruxa Villanueva correspondente ao ano 2020. O xurado acordou por unanimidade recoñecer a traxectoria desta actriz, da que especialmente valoraron a súa capacidade de crear un personaxe complexo dende a contención no plano expresivo do personaxe de Ada en Liberto. O xurado tamén destacou o seu compromiso na valoración dun modelo para o galego oral, así como a súa capacidade para implicarse en proxectos. Conformaban o xurado Lorena Couso, concelleira de Cultura do Concello de Padrón; Inma López Silva, escritora e profesora; Carlos Caetano Biscainho Fernández, actor e profesor; Alfonso Becerra, dramaturgo; Roberto Pascual, profesor; Comba Campoi, actriz, e como secretaria María Cruz Taboada. s. e.