Padrón recolle artigos e fotografías para editar un libro sobre o Xacobeo

Xacobeo
S. E.
Lorena Couso, a esquerda, con técnicos de Turismo

Padrón. A importancia do Xacobeo e a súa ligazón co concello de Padrón quedará recollida nun libro, que editará a concellaría de Turismo ao longo deste ano. O primeiro paso é recoller información e fotografías para nutrir de contido esta publicación que pretende dar protagonismo á veciñanza. Todas aquelas persoas que queiran colaborar xa poden enviar artigos e fotografías que mostren a forte vinculación de Padrón co fito histórico do Xacobeo e tamén a súa importancia na tradición da chegada do Apóstolo a Galicia. As imaxes e os artigos poderán abordar esta vinculación a través de elementos patrimoniais, naturais ou de tradición oral. Lorena Couso, concelleira de Turismo, sinalou que “este libro pretende amosar a tradición Xacobea do concello, así como dar voz á nosa veciñanza para profundar na historia”. s. e.