SE EU FOSE ALCALDESA ...

... “Poría semáforos nos cruces escolares”

Crisanta Seoane, peiteadora
Crisanta Seoane
Se eu fose alcaldesa
Alba Prada

Residente en O Milladoiro, casada e con dous fillos, que tres cousas faría en favor da veciñanza?

Primeiro, colocaría semáforos nos cruces, sobre todo no escolar. O segundo sería arranxar as beirarrúas e facer máis zonas verdes. E terceiro, poría máis vixilancia policial para solucionar o problema do tráfico. A maioría non respecta as sinais de velocidade e aparcan onde lles da a gana. A parte disto, tamén daría axudas ao comercio local porque deixan morrer todos os negocios. En roupa e calzado non hai variedade ningunha, non queda máis remedio que desprazarse a Santiago.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

A comodidade. Eu teño o meu negocio aquí e xa estou adaptada porque levo moitos anos. Agora xa que non mo cambien. Con todo, si que hai moitas carencias.

E o que peor leva?

A xuventude. Tocoume vivir nunha zona moi conflitiva na que se fan botellóns, festas de noite e na que hai trapicheos. Antes da pandemia era peor. Non se está vixiando como é debido.