no concello de Boqueixón

Nadal 2020
Alba Prada
Faranse visitas personalizadas para unidades familiares. Foto: Pexels

BOQUEIXÓN. A pesar da situación complicada que estamos a vivir, os nenos e nenas de Boqueixón non se quedarán sen ver aos Reis Magos o 5 de xaneiro. O Concello informa de que este ano, para evitar aglomeracións e para manter a seguridade da veciñanza, hai que solicitar cita previa para acudir á recepción Real que se fará na casa da cultura de Camporrapado. E é que “coa fin de cumprir con todos os protocolos de seguridade e prevención contra a expansión da COVID, ofreceranse visitas personalizadas para unidades familiares”, sinalan fontes municipais. Ao finalizar dita recepción con Melchor, Gaspar e Baltasar, farase un sorteo de agasallos no que colabora Sbc Gasolineras. Todos os cativos e cativas que desexen ver as Súas Maxestades este Nadal xa poden ir inscribíndose a través do formulario en liña que está dispoñible na web municipal. A ligazón tamén se pode atopar na páxina de Facebook municipal. A.P.