Remata o prazo para as actividades de Vedra

Ábrese un listado de agarda en previsión de baixas ou vacantes
Actividades
Claudina Estévez
Exposición dos traballos de pintura e manualidades de xuño de 2021. Foto: C. Vedra

Vedra. Dende o departamento de Cultura do Concello de Vedra lembran que este venres, ás 14.00 horas, remata o prazo para formalizar a matrícula nas actividades municipais culturais e deportivas para o curso 2022-23.

Informan dende o goberno local de que xa se esgotaron as prazas dispoñibles nalgunhas actividades e por este motivo se abre un listado de agarda, en previsión de posibles vacantes ou baixas. A lista está dispoñible na propia web: www.deportesvedra.com.

Hai que destacar que entre as propostas culturais que se ofertan están as escolas de inglés, pintura, mecanografía, xadrez, manualidades e artes plásticas. No caso das deportivas atópanse a ximnasia rítmica, o baloncesto, bádminton, patinaxe ou kárate. Impártense para nenos, pero moitas tamén teñen a súa versión para os adultos. c.e.