Renuncia Manuel Anxo Fernández Baz como líder do BNG de Teo

Municipal
Marcos Manteiga
Manuel Anxo Fernández Baz nunha intervención dende o atril do Bloque Nacionalista Galego. Foto: BNG

O edil e portavoz do BNG de Teo, Manuel Anxo Fernández Baz, presentou esta mañá a súa renuncia como concelleiro da Corporación despois de nove anos e cinco meses loitando polo nacionalismo máis progresista no seu municipio. E deixa a acta por motivos laborais, diante da carga de traballo que conleva o gran aumento de deputados do Bloque no Parlamento de Galicia, onde ten a súa ocupación.