Seguridade vial ca Curuxa Maruxa para 40 rapaces

Seguridad vial
Marcos Manteiga
Rapaces que participaron na xornada de seguridade viaria do Concello de Ames. Foto: CDA

ames. Corenta nenos participaron no aparcadoiro da Rúa Palmeiras do Milladoiro na celebración do Día da Seguridade Vial, no que o Concello de Ames organizou unha xornada cunha serie de actividades infantís.

Se nos respectamos, todas e todos gañamos foi o lema do xogo da Curuxa Maruxa co que a administración local quere concienciar á rapazada para que aprenda a respectar dende as idade máis novas a normativa viaria.

A xornada comezou co Xogo do carné por..., un simulacro nun circuíto de exame para conseguir o carné. Unha vez obtido, os cativos demostraron as súas capacidades para conservar ou perder puntos. A celebración continuou cunha serie de consellos que deu a Curuxa Maruxa, e os participantes foron agasallados co Xogo da Curuxa Maruxa e tamén se lle entregaron fichas para os máis pequenos baixo o epígrafe Colorea sinais coa curuxa Maruxa. Pódense pedir por email (mobilidade@concellodeames.gal). c.g.