Sofocan un incendio nunha cheminea en Paramos, Val do Dubra

Segundo os servizos de extinción non se produciron danos maiores
Sucesos
Lorena Rey
Actuación dos bombeiros de Xallas-Barcala esta mañá, en Paramos. Foto: cedida.

Val do Dubra. Efectivos de Protección Civil de Val do Dubra e Bombeiros de Xallas- Barcala apagaron sobre as 11.00 horas un pequeno incendio na cheminea dunha vivenda familiar no lugar de Quintáns, parroquia de Paramos. As causas apuntan a unha mala limpeza do conduto. Non houbo que lamentar danos de consideración.

Ambos corpos de emerxencia apagaron onte as lapas nun alpendre da parroquia dubresa de Erviñou.