Tapia vibra con Trópico de Grelos e Eira Xandobeleira

Festival
Marcos Manteiga
O grupo Trópico de Grelos nunha actuación na comarca durante a pandemia. Foto: TDG

ames. O Programa Seráns de Tapia, dirixido a todos os públicos, vai chegar ó seu fin este xoves 26 de agosto, ás 17.00 horas. E farao con música e xogos tradicionais a pé desa área fluvial amesá.

Así, Eira Xandobeleira, unha ludoteca itinerante, achegará unha colección de xogos tradicionais elaborados artesanalmente e inspirados en épocas e lugares diversos. En Xandobela, que significa xogar en barallete, creen que o xogo é unha actividade esencial para o desenvolvemento das persoas e é unha valiosa ferramenta para dar lugar a unha sociedade mellor, promove a comunicación entre as persoas, permite afondar nas relacións entre os individuos, potenciando creatividade e talento, estimulando a posibilidade de ver as cousas de xeitos diferentes, favorecendo mentes abertas.

E, por outra banda, a asociación cultural Trópico de Grelos achegará a Tapia o ritmo da percusión afrobrasileira, xerme de pluralidade de proxectos. m. manteiga