Se eu fora alcalde...

... “Tiraría co que hai: as alcaldías son un desastre”

José Manuel Tojo
Xubilado
Se eu fose alcalde
Marcos Manteiga

Residente en Bertamiráns, casado e con sete fillos, que tres cousas faría en favor dos veciños?

Había que tirar con todo canto hai: as alcaldías aquí e en todos os sitios son un desastre, e eu son de familia política: meu irmán foi alcalde de Rois e meu sobriño tamén. Isto non me gusta nada.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

Cando eu vin vivir aquí no ano 1976 non había nada: brañas e cortiñas. O único que pensou ben a cousa foi o alcalde Astray, porque os demais foron coller e marchar. Para min, é o que fixo algo e asentou isto. O paseo fluvial penso que está moi ben, por exemplo.

E o que peor leva?

Hai moitas restricións e métense coas persoas, pero tamén hai xente... hai algúns que somos malos de entender, e había que ser máis consciente. Ao mellor estou equivocado, pero se seguimos así, imos a peor. E tamén son da opinión de que había que mirar un pouco máis pola xuventude, polos máis novos. Debería haber unha orde porque, para min, estamos perdidos.