Trasladan Boqueixón e Vedra á Xunta o proxecto do centro e a residencia

Centros de día de mayores
Alba Prada
Fabiola García durante a reunión online cos alcaldes de Vedra e Boqueixón. Foto: C. Vedra

VEDRA/ BOQUEIXÓN. A conselleira de Política Social Fabiola García mantivo unha xuntanza, vía telemática, cos rexedores de Vedra e Boqueixón con ánimo de abordar os proxectos de futuro de ambos municipios con relación aos seus maiores e dependentes. Hai que lembrar que o ano pasado constituiuse en ambos concellos un comité de traballo intermunicipal formado polos alcaldes, ou concelleiros en quen deleguen, e os técnicos de Servizos Sociais e Urbanismo das dúas vilas. O obxectivo deste comité non é outro que estudar a viabilidade económica, social e xurídica para dotar a Boqueixón e Vedra, a medio prazo, nos vindeiros anos dun centro de día e dunha residencia compartidas. Así, ambas Corporacións estudan as distintas problemáticas, vías de solución, formulas de colaboración entre administracións ou experiencias. A.P.