SE EU FOSE ALCALDE ...

... “Trataría de reducir o intenso tráfico”

Alejandro Gombao, animador turístico
Alejandro Gombao
Se eu fose alcalde
Alba Prada

Residente en Bertamiráns, solteiro, que tres cousas faría en favor dos veciños e veciñas?

O primeiro que faría é crear máis zonas verdes, parques polos que poder pasear. O segundo sería intentar reducir o intenso tráfico, porque somos cada vez máis veciños e o certo é que resulta moi complicado atopar onde aparcar. É realmente un problema. Terceiro, trataría de centrarme un pouco máis no rural, porque hai moitas estradas cheas de fochancas. Iso non ocorre, en cambio, nos núcleos urbanos.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

O mellor, sen dúbida, é a tranquilidade. Ademais aquí tes todo tipo de servizos sen necesidade de ter que irte a outros concellos se non queres.

E o que peor leva?

Quizais o problema do tráfico, pola dificultade que implica atopar sitio para deixar o coche. Tamén vexo que o transporte urbano non é suficiente nas fins de semana, e iso habería que arranxalo, sobre todo, no caso das persoas que non conducen ou que non teñen vehículo propio.