SE EU FOSE ALCALDE ...

... “Trataría de reducir o tráfico”

José Ramiro Blanco, carpinteiro
José Ramiro Blanco
Se eu fose alcalde
Alba Prada

Residente en O Milladoiro, solteiro, que tres cousas faría en favor dos veciños e veciñas?

O primeiro sería intentar reducir un pouco o tráfico por Rosalía de Castro porque hai moito ruído. O segundo, controlar as baldosas porque hai bastantes levantadas e a xente tropeza. Terceiro, incentivar o comercio da zona. Hai negocios, pero o problema é que imos todos a Santiago e entón aínda que abran, teñen que volver a pechar. O feito de ter Compostela tan cerca e de que haxa boas combinacións prexudica aos negocios. O Milladoiro segue a ser unha cidade dormitorio. Moitos traballan en Santiago, viven aquí porque é máis cómodo, pero son de aldeas. Por iso, nas fins de semana ou nas pontes non queda ninguén.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

A proximidade a Santiago. Ademais temos centro de saúde e moitos sitios para que os nenos poidan xogar.

E o que peor leva?

Os ruídos do tráfico. Si vives máis lonxe do centro seguramente non tes ese problema, pero a min moléstame. É algo que fastidia moito.