Últimos días para enviar fotos ao certame Enfoca

Fotografía
M. Outeiro
Unha das fotos presentadas o ano pasado ao certame amesán de fotografía Enfoca. Foto: CA

A Maía. A Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), ca colaboración co Concello de Ames, organiza a segunda edición do concurso de fotografía Enfoca Ames para fomentar o achegamento da cidadanía aos lugares máis emblemáticos do municipio.

As persoas participantes deberán presentar unha instantánea que recolla o patrimonio natural, artístico e/ou cultural do concello de Ames. Admítese unha imaxe por cada unha das tres categorías existentes, e a participación no concurso é gratuíta. O prazo de entrega rematará o 24 de maio de 2022. As fotografías teñen que ser enviadas por correo electrónico (enfocames@gmail.com). Na categoría Paisaxe, a fotografía debe mostrar os espazos do mundo que adoitan captar a presenza da natureza, pero tamén poden centrarse en características creadas polo home. Na de Macro a imaxe debe permitir amplificar as cousas que son pequenas, e na Artística, permítese editala e manipulala. M.O.