Un alumno do Milladoiro arrasou no certame da Casa-Museo Manuel María

Certamen
Marcos Manteiga
O alumno do IES do Milladoiro Eloi Zabala, 3.º esquerda, cos outros premiados. Foto: CM

AMES. Eloi Zabala González, do Instituto do Milladoiro, gañou a IV edición do Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María que organiza a Casa-Museo Manuel María con Cando xa non haxa (www.youtube.com/watch?v=a8XkPlyYnhs), un videopoema. E fíxoo xunto a Pablo Araujo Rodríguez, do CPI Julia Becerra Malvar de Ribadumia, que tamén se impuxo coa súa proposta Cando penso que te fuches (www.youtube.com/watch?v=7ShnHa4a8EQ).O xurado do certame resaltou da proposta de Zabala que “con eficaces imaxes, un son adecuado, acertada música e bo recitado de voz sosesaga, logra transmitir de xeito notábel o sentir e a beleza do poema”. E tamén recoñeceuse cunha mención ao videopoema Desexo III (https://www.youtube.com/watch?v=_ko566M2deI), do IES Sanxenxo. m.m.