Vacinan contra a represión a toda a bisbarra barcalesa

Memoria Histórica
Marcos Manteiga
O rexedor Ángel Leis, esquerda, Olalla Liñares e Rubén Suárez co monolito. Foto: Concello

Negreira. Despois de anos de traballo, a asociación cultural Afonso Eanes do Cotón acadou o apoio dos concellos que compoñen a súa bisbarra barcalesa, A Baña e Negreira, para homenaxear aos represaliados polo levantamento de 1936. Deste xeito, e despois de que se fixese o tributo, con placa incluída, en San Vicenzo en 2020, o emotivo acto reproducíase na vila nicrariense.

Así, a presidenta de Afonso Eanes, Olalla Liñares, co rexedor Ángel Leis e Rubén Suárez, do PP, descubrían un monolito cunha placa detrás do concello. Deste xeito non caerá no esquecemento as inxustizas perpetradas contra os veciños Manuel Faxín, Xoán Barros, Benxamín Troitiño, Xesús Lens e tamén Ramón Pose.

Houbo verbas de repulsa polos asasinatos, e tamén música para que non caera no esquecemento a súa loita pola liberdade. “Foi un día emocionante”, apuntaban desde a cultural, suliñando o compromiso pola democracia destes paisanos. m. m.