Vídeo amesán polo Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia o 11

Alumnas, científicas e empresarias locais amosan o seu papel nos eidos privado e público
Mujer
Marcos Manteiga
Imaxe do 9 de marzo de 2020 no que se celebrou o Día Internacional da Muller cunha carreira de obstáculos. Foto: CDA

A Maía. As concellerías de Promoción Económica e de Igualdade de Ames elaboraron unha peza audiovisual para dar visibilidade á muller na ciencia e a innovación, mostrando distintas iniciativas que, dende o eido privado e público, se están a desenvolver pola veciñas, de cara a súa publicación este xoves polo Díáa Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.

Neste vídeo aparecen alumnas dos centros escolares de titularidade pública: IES de Ames, IES do Milladoiro, CEIP de Barouta, CEP Plurilingüe de Ventín, CEIP A Maía e CEIP Agro do Muíño. Ademais das estudantes, cóntase coa colaboración de mulleres do ámbito da ciencia e innovación de empresas con sede en Ames como Conic Vascular España, Bahía Software, Tecalis Innovacións, así como cunha investigadora matemática e coa médico e xefa de servizo do centro de saúde do Milladoiro.

Conscientes da falta de visibilidade das mulleres neste campo, o vídeo distribuirase en diferentes formatos e plataformas o xoves, e foi realizada pola empresa –con sede no municipio– Mirabelle Produccións. m. manteiga