Voluntarios de Protección Civil aprenden e melloran ca élite do gremio

Volve a formación presencial con policías locais, membros do GES brionés e do 061
Protección Civil
Marcos Manteiga
Membros de Protección Civil de Ames durante unha das súas actividades de formación. foto: CDA

Ames. Os voluntarios de Protección Civil de Ames teñen a súa disposición aos mellores para aumentar os seus coñecementos no eido das emerxencias e intervencións. E entre eles destacan os axentes da Policía Local de Ames, o GES de Brión e persoal médico do 061, que están a ser algúns dos seus docentes.

Deste xeito, e a pesar de que na pandemia unha boa parte da ensinanza realizouse por vía telemática, a situación actual permite que moitos de formación xa se poidan facer de xeito presencial. Recentemente acaba de impartirse un curso de primeiros auxilios. Tamén están en marcha cursos de violencia de xénero, coordinación e seguridade de grandes eventos e tamén asistencia en incendios forestais.

Varios voluntarios de nova inscrición, do mesmo xeito, realizaron na Academia Galega de Seguridade Pública o curso básico de formación inicial a través do que se lles outorga o título para formar parte da agrupación de Protección Civil. Tamén, e a través da Asociación Nacional de Asociacións e agrupacións de Voluntarios de Protección Civil España, realizouse recentemente un curso de Intervención en presencia de riscos biolóxicos COVID.

Proximamente haberá un curso de Servizo de Prevención de Incendios, co Distrito 3 de Incendios Forestais, e outro de apoio Loxístico e apoio de extinción. Ademais, da man da Consellería de Seguridade Cidadá, os voluntarios, axentes locais e conserxes dos pavillóns e as casas de Cultura, nun obradoiro para manexar desfibriladores. m.m.