Volve a presencialidade á aula CeMIT da capital

Informática
Marcos Manteiga
Imaxe de antes da pandemia na aula CeMIT, que retoma a presencialidade. Foto: CA

A Maía. A veciñanza de Ames pode anotarse nos dous cursos cos que a Aula CeMIT volve ao formato presencial: o de Iniciación á informática, do 9 ao 25 de novembro, e Iniciación a internet, do 30 de novembro ao 16 de decembro. Van ter lugar os martes e os xoves, de 10.30 a 12.00 horas, no espazo situado no primeiro andar da casa da cultura de Bertamiráns, con hixiene de mans á entrada, máscara obrigatoria e esprai hixienizante para os equipos, e coas prazas limitadas a 8 persoas por curso. Ademais, retorna o acceso á aula aberta, de luns a venres e de 9.30 a 13.00, coas mesmas medidas. Pero tamén continúa a oferta de formación telemática neste mes pola canle youtube do centro, de 17.30 a 19.00 horas. Trátanse das actividades lectivas Traballando na nube (do 8 ao 18 de novembro); O correo electrónico: web e móbil (do 22 ao 26 de novembro) e Compras seguras a través de Internet, 29 e 30 deste mes. Máis datos e anotacións no 682 373 753. M.M.