Xornada ecolóxica cos nenos de Brión

Medio Ambiente
Alba Prada
A cativada da escola unitaria durante a actividade. Foto: C.B.

BRIÓN. O alumnado da escola unitaria dos Ánxeles (Brión) participou nunha actividade dirixida a concienciar á rapazada sobre a importancia da conservación e promoción das especies autóctonas. A cativada plantou varios castiñeiros na contorna da súa escola que foron cedidos por Medio Rural. A.P.