Zocos e Trasnos de Ames dá 200 agasallos ós nenos

Solidariedade
Alba Prada
Cada artículo non debe superar os 30 euros. Foto: Pexels

Ames. Douscentos nenos e nenas de Ames recibirán os seus agasallos o día de Reis grazas a campaña Zocos e Trasnos. Esta iniciativa, que se desenvolve por quinto ano consecutivo, é organizada pola Oficina de Voluntariado do Concello de Ames, dependente da Concellería de Benestar Social. O seu obxectivo é que ningún cativo e cativa da vila quede sen agasallo nestas festas. A organización de dita iniciativa é a encargada de recoller as cartas escritas polas crianzas aos Reis Magos. Cada trasno (axudantes dos Reis e motores do proxecto) deberá escoller algo do solicitado na carta, que non poderá superar os 30 euros, envolvelo, poñerlle o código que identifica o seu zoco e facelo chegar aos Puntos Trasno (este ano haberá un na casa da cultura do Milladoiro e outro en Bertamiráns ). Os agasallos serán logo entregados a cada familia. A.P.