Zumba solidario en Boqueixón o 14

Solidariedade
Claudina Estévez
Imaxe de varias persoas practicando deporte. Foto: Pexels

BOQUEIXÓN. O Concello de Boqueixón colabora nunha Zumba Class Solidaria, que terá lugar este sábado 14 a partir das 18.00 horas no pavillón municipal do Forte. Trátase dunha iniciativa dun grupo de persoas que participan nas clases de

zumba do ximnasio municipal e que ofrecen tanto a grupos de practicantes desta modalidade dentro das actividades fitness como a calquera persoa que desexe sumarse. Varios instrutores da contorna desprazaranse ata Boqueixón para impartir unha masterclass de zumba cun obxectivo solidario: recoller produtos de hixiene persoal e do fogar para as persoas con menos recursos económicos da vila. A achega recadarase o mesmo día no pavillón do Forte. C.E.