Melloras en Quenxe e en A Oliveira

Política municipal
Manuel Lavandeira
Vista de Corcubión

Corcubión. O BNG propuxo financiar co remanente a mellora das zonas peonís e o mobiliario da urbanización de Quenxe, así como renovar o parque infantil situado na praia pequena. Ademais solicitaron que se arranxe un tramo da estrada municipal no lugar de A Oliveira.

O portavoz nacionalista, Lois Lado, asegura que “estamos satisfeitos coa acollida da nosa proposta, ao igual que os veciños e veciñas que, por fin, verán realizadas todas as melloras demandadas dende hai anos”. Sinala ademais que houbo acordo unánime de todos os grupos municipais para reformar a rúa da escola infantil e a parte de atrás do concello, “que leva anos con parches de cemento sen recibir unha renovación integral”, afirma Lado. M. L.