Música e baile no festival de clausura da Asociación Cultural Adro en Baio

Fin de curso
Manuel Lavandeira
Cartel promocional del festival de clausura de la Asociación Cultural Adro de Baio. Foto: A. C. Adro

Zas. A Praza Jorge Mira de Baio (Zas) acollerá o vindeiro domingo día 12 a partir das 19.00 horas o tradicional festival de clausura da Asociación Cultural Adro, no que as súas alumnas e alumnos farán unha exhibición de música e de baile tradicional.

Ao longo do curso 2021-2022 participaron máis de 100 alumnas e alumnos nas diferentes clases de baile e música tradicional que impartiron os mestres Álex Ínsua, Miguel Abad e David Canto. Ao remate das exhibicións haberá pinchos gratis para todas as socias e socios. No caso de que chova, o festival trasladarase ao pavillón municipal de Baio.

A Asociación Cultural Adro conta coa colaboración do Concello de Zas e da Deputación da Coruña. M. LAVANDEIRA