Andaina contra a violencia e pola igualdade en Camariñas

25-N
Manuel Lavandeira
Vista de Camariñas desde la zona portuaria de la villa. Foto: J. M. R.

Camariñas. O Concello organizará o 25 de novembro unha andaina popular pola igualdade baixo o lema As mulleres de Camariñas: libres e rabudas. Comezará ás 10.00 horas e partirá do Museo de Cerdeimar. Pasará polo Museo do Encaixe, onde os participantes visitarán a exposición fotográfica do mesmo nome; seguirá polo porto de Camariñas, onde unha mariñeira e unha percebeira explicarán como é a vida dunha muller cun oficio relacionado co mar, e rematará cunha concentración en repulsa da violencia machista.

A participación é de balde pero as prazas son limitadas polo que é necesario inscribirse chamando ao 981 737 004. Cada persoa que o faga recibirá un agasallo. M. L.