Antón Sambade recibiu o primeiro premio do Concurso de Infancia Misionera

Galardón
José M. Ramos
Debuxo co que Antón Sambade gañou o Concurso de Infancia Misionera de 2022. Foto: A. S.

O ceense Antón Sambade recibiu esta fin de semana, de mans do bispo auxiliar de Santiago, Francisco José Prieto, o galardón como vencedor do IX Concurso de Infancia Misionera, un certame de ámbito nacional no que se impuxo a escolares de toda España. O acto tivo lugar na igrexa parroquial Corcubión.

O premio consiste nunha tablet, e ademais poderá gozar dunha estancia no Campamento de Infancia Misionera 2022, que se celebrará do 26 de xuño ao 3 de xullo en Javier (Navarra). Ademais, o debuxo co que gañou o concurso será o que ilustre a portada de verán da revista Gesto.